Durante unha das viaxes do portfolio, un dos Apolos quería facer un dragón xigante pero na casa non vían forma de poder facelo así que volveu ao cole moi disgustado.

De súpeto, estaban todos os Apolos encantados falando de dragóns así que, aínda que a arte segue presente no noso día a día, este trimestre estamos aprendendo moitas cousas dos dragóns e temos un gran obxectivo para rematar o trimestre pero xa volo iremos contando. De entrada aquí tedes os inicios do noso proxecto.

Anuncios