Os que levades tempo seguindo o blog sabedes que gustame moito xogar cos nen@s ao bingo. Ata agora os Apolos estivemos traballando os números nas rutinas, no traballo de mesa, de xeito oral… así que agora que xa os sabemos  comezamos a xogar ao bingo.
Os venres despois da hora de ler é o noso tempo de xogo con premio, coma din os Apolos. Xogamos a facer colares seguindo unha serie, a construir elementos seguindo unha imaxe e, agora, tamén imos ter sesións de bingo.

O que gaña o bingo leva premio, aínda que confésovos que coma eu son a binguera, “non sei como”, todos os Apolos enchen o cartón, hahaha!!!

Aquí vos deixo unha das rondas para que miredes que atentos están e que ben o pasan.

Anuncios