Archivo mensual: junio 2015

Os sapiens, remataron o curso ao ritmo de “Grease”, cunha coreografía que deixou a todos coa boca aberta no seu acto de graduación. Esperamos que tamén vos guste. Noraboa Sapiens!!! Sodes grandes artistas!!!

Anuncios

O último día do curso, os sapiens, quixeron despedirse da etapa de educación infantil cun acto de graduación moi singular. Recitaron un poema, cantaron una cantiga entre todos, fixéronnos gozar cun tenro vídeo lembrando moitas das cousas feitas nestes tres anos, recolleron os diplomas e orlas e por último bailaron ao ritmo de “Grease”. Foi un momento moi especial cheo de sorrisos, nervios e ata algunha que outra bágoa. Imos deixarvos un pequeno vídeo recordando algún deses momentos.


Rematamos o curso coa festa dos aniversarios dos que cumplen no verán. Manu celebrouno con todos os seus compañeiros e coma era a festa final, pasamos da dieta e dínomos unha homenaxe.

FELICIDADES A TODOS E BO VERÁN!!!

 


Os sapiens, antes de ir de vacación quixeron deixarnos un fermoso poema de despedida. Mirade que chulo lles quedou!

 


Xa rematou o curso pero aínda nos quedan algunhas cousas pendentes.

Os  últimos días levamos para casa o libro dos vermes de seda onde recollemos todo o que fomos aprendendo deles.


Tres anos cheos de recordos, soños e ilusións. Ata sempre meus sapiens!!!


A semana pasada inagurouse o “PEQUEMUSEO”, cunha festa moi especial. Foi una xornada de portas abertas e algunas familias achegáronse para compartir cos sapiens e cos apolos un ratiño especial. Tivemos uns guías moi ben informados e respostamos con moitisimo interese e entrega ás preguntas das familias. E para rematar a visita os peques ofreceron ás familias as galletiñas q fixeran o día anterior no obradoiro de cociña. Atentos, atentos que a visita vai comezar!!!



A %d blogueros les gusta esto: