Nesta ocasión e para dar rematado o proxecto da arte, quixemos celebrar nesta ocasión a festa dos aniversarios facendo un cadro comestible. Martiño, Gabriel e Lía eran os homenaxeados do mes de maio, aínda que Lía non puido celebralo por estar maliña. Necesitamos pan tostado, marmeleda de amorodos, lacasitos e boliñas de chocolate para decorar a nosa parte do cadro. Estaba todo para chuparse os dedos. Que ben o pasamos!!!

Anuncios