O luns estivemos moi atarefados facendo galletas de manteiga. Xuntámonos cos Sapiens e preparamos a masa:
– 250 gramos de manteiga
– 150 de azúcre
– 350 de fariña.
– Para darlle máis sabor unha culler de vainilla
Despois de amasar deixamos a masa reposar media hora na neveira e logo fixemos as nosas galletas. Os Apolos e Sapiens fixeron formas e decoraron pero o calor era tal que as formas non chegaron nin ao forno e todas as galletas quedaron estiradas, iso si, moi, moi ricas!!
Sapiens e Apolos comemos a primeira fornada e o resto… Xa volo contaremos!!!

Anuncios