Archivo mensual: septiembre 2015

Pouquiño a pouco os choquetes van integrándose nas rutinas do cole, ás veces cóstalle algo, como por exemplo: no momento da entrada ou no momento do patio. Pero cada día que pasa xa están mellor. Mirade o que ben xogan cando están no patio.


Levaba varios días dándolle voltas a coma iamos iniciar o proxecto da alimentación e non acababa de ver o xeito. Finalmente preparei material, decidín usar os catálogos de publicidade para arrincar e cando xa tiña máis ou menos claro o que ia pasar… David chegou a clase entusiasmado coas avespas asiáticas.
Non me puiden resistir! Así que imos arrancar o noso proxecto deste ano, chegaremos a alimentación???


Seguimos contándovos o que estamos facendo estes días. Falabamos do traballo coas  letras e agora falamos de pensamento lóxico usando un elemento tan sinxelo coma os paus de xeado. Nesta ocasión e adaptando ideas do blog http://www.aprendiendomatematicas.blogspot.com, os Apolos tiñan que construir unha figura usando 5 paus, despois  debían pasalo a papel. Esta é a parte máis difícil, onde o pensamento lóxico e racional ten que poñerse a traballar. E os resultados foron moi bos!!!


O pasado venres celebramos a festa dos aniversarios do mes de setembro. Este curso quixemos facelo dun xeito máis orixinal, invitamos as familias dos cumpreañeiros, e se fai falla doutras familias voluntarias, para organizar o salón, preparar os biscoitos, colocar adornos e encher as piñatas. Kira e Vicent estiveron acompañados polas súas familias e logo sorprendéronnos cunhas xeniais actuacións, nas que todos podemos participar. Cantamos e fomos cabalos por uns instantes. Mirade retaciños destes momentos!


Os Apolos levamos un día lembrando as cousas que fixemos o ano pasado, disfrutando da nosa clase nova, aprendendo o novo xeito de interaccionar na aula e, sobre todo, tentando pasalo ben.
Estes días fixemos unha chea de pequenas cousas que vos imos ir ensinando pouco a pouco. A primeira recordar coma eran os nosos nomes tamén aproveitamos para traballar as letras xogando entre todos.


Pouco a pouco os choquetes vanse integrando nas rutinas da aula. Pasamos lista, poñemos a data, eleximos os recunchos e facemos algunhas actividades de mesa. Mirade que ben xa se están integrando.


Estes días os “choquetes” xa viñeron unha hora e… eles soíños!!!

Algúns choraron un ratiño, outros estiveron observando desde un currunchiño, outros comezaron a explorar a aula e pasaron un ratiño xogando nos recunchos da casiña, dos puzzles ou das construcción. Queredes velos por este buratiño?

Pois atentos, atentos… que o vídeo vai comezar!!!



A %d blogueros les gusta esto: