O curso xa deu comezado no cole de Reboreda e con el tamén chegaron os máis peques do centro, os “Choquetes”.

O primeiro día foi moi especial, os papis, mamis, avós ou coidadores compartiron con nós un día de cole. Fixemos xogos de presentación, acudimos ao despacho do director ou ao da xefa de estudios para que nos entregasen o noso ansioso carnet de membro oficial do cole de Reboreda. O director tamén agasallounos cunha pegatina e con ricos caramelos. Despois fixemos unha pequena excursión polo centro, visitamos a aula de psicomotricidade, de música e a biblioteca. Por hoxe a nosa xornada rematou, xa que imos vir pouquiño a pouco para integrarnos con normalidade, pero prometemos voltar moi pronto.

Anuncios