Archivo mensual: octubre 2015

Estes días o Samaín chegou ao noso cole así que entre cancións e historias de medo tamén botamos mans as cabazas.

Zaira trouxo unha cabaza decorada así que aproveitamos a ocasión para saber máis delas. Lemos o conto de A Bruxa  Marcelina na noite de Halloween e seguimos os seus pasos.
Collemos a cabaza, fixémoslle un sombreiro e sacamos todo o de dentro. Despois fixemos a nosa cabaza de medo e, ao día seguinte, preparamos unhas chulas de cabaza entre todos.

O arrecendo era tal que os Choquetes chegaron a nosa aula para ver que estaba pasando así que lles explicamos todos os nosos pasos e,coma non podía ser doutro xeito, convidámoslos a probar as nosas chulas.
Foi un xeito moi orixinal de celebrar o Samaín e seguir traballando dentro do proxecto da alimentación co que estamos neste momento.

Anuncios

Esta semana no taller de mates estivemos xogando as cartas. Para iso escollemos barallas españolas de poker porque teñen cartas ata o número 10. Separamos cada pau e sacamos as figuras. Despois fixemos parellas e cada parella colleu 5 cartas que deixamos boca a abaixo.
Cada equipo foi levantandos cartas de unha e unha e o que tiña o número máis alto levaba as cartas. Ao rematar todos cada membro da parella debía contar as súas cartas para ver quen tiña máis e, polo tanto, gañaba.
Con esta sinxela actividade traballamos a asociación entre número e cantidade, conceptos coma maior e menor, o conteo…
Agora, se vos apetece, podedes seguir xogando na casa.


Para comezar co proxecto deste curso os choquetes primeiro arrancamos desde o coñecemento do noso corpo e dos coidados especiais para medrar fortes e sanos. Unha das primeiras actividades creativas que fixemos foi un bonicreque da nosa canción preferida, “Mi carita redondita”. Con diferentes materiais e diferentes pezas pouquiño a pouco fomos dando formas as nosas simpáticas cariñas. Imos deixarvos pequenos retazos deses momentos creativos.


Seguimos co noso taller de grafismo. Esta semana cociñamos garabatos seguindo as indicacións de Herve Tullet. Os pratos quedaron moi lucidos.


Como aínda somos algo pequenos, os choquetes nesta ocasión non cociñamos, iso si non perdemos detalle de como o fixeron os nosos compis. Na degustación dos tres pratos diferentes de fabas portámonos como uns verdadeiros campeóns e non deixamos nin gota, algúns ata meteron a culler na fonte para aproveitar ben as salsas. Daba gusto velos comendo tan ben. Foi una gran actividade, da que aprendemos moito. Parabéns!!!


Chegou o día de cociñar as fabas. Puxemos os nosos gorros, o mandil ben axustado e mans a obra. Os Apolos foron os primeiros en cociñar e fixemos “Feixóns ao estilo dos Apolos”. Coquiños e Xirasois tamén fixeron as súas receitas e logo xuntámonos todos para comer.
Moitos papás/mamás de seguro que non darían crédito se visen aos seus peques comendo e disfrutando coas legumes. Foi unha xornada preciosa, disfrutando do pracer de cociñar, aprendendo dos compañeiros e compartindo uns pratos que quedaron exquisitos. Todos os peques probaron os feixóns e practicamente todos os comeron sen problemas.
Aquí tedes un resumo.

A experiencia foi xenial! Un deses días nos que unha alédase moitísimo de adicarse a esta profesión porque disfrutas dende o primeiro minuto que estás no cole ata a hora de marchar.

Por certo que aínda que deixamos aquí o relato das nosas aventuras cos feixóns, seguimos traballando o resto da semana con eles, vimos os murais dos outros cursos, aprendemos máis cousas dos feixóns, escribimos na aula a receita…


No mes de xuño, antes de rematar o curso decidimos que neste curso, ademais de traballar sobre hábitos saudaveis para os nenos, iamos traballar as legumes porque o ano 2016 é o ano internacional das legumes. Falamos de que sería moi interesantes traballar nas aulas as legumes, preparar murais e cociñalas na escola para que os nen@s disfrutasen de pratos de culler que agora non son tan habituais nas nosas casas. Escollemos 3 legumes, unha por trimestre.
Así que esta semana adicámola a primeira das legumes que imos traballar: OS FEIXÓNS.
A finais de xuño a profe Luisa de 5º prantou os feixóns na horta e subiu ao cole durante o verán para coidalos. O volver os nen@s foron eles os que seguiron con este traballo.
Os Apolos comezamos o noso proxecto sobre os feixóns recolléndoos na horta.

Descubrimos que tiñamos varios tipos así que empezamos a investigar sobre eles. Ao final xa eramos uns expertos e pareceunos que sería boa idea compartir o que sabiamos cos CHOQUETES, cos COQUIÑOS e cos XIRASOIS.
Os Apolos fixéronno xenial, non podería estar máis orgullosa.

E isto é so o principio!!!



A %d blogueros les gusta esto: