Este ano vou poñer en marcha un taller de grafismo, seguindo as ideas da clase de Miren, un dos blogs que seguimos. Vou a unir isto co tema do proxecto e para iso imos levar a cabo neste taller algunhas das propostas do libro “A cociña dos debuxos” de Herve Tullet. Neste libro o autor propón receitas para debuxar.
A primeira receita que fixemos foi A ENSALADA RÁPIDA DE CÍRCULOS. Adaptei un pouco a receita e os Apolos pasáronno xenial debuxando círculos e máis círculos.

Anuncios