Este ano temos moitas novidades no desenvolvemento da aula. Hoxe quero falarvos do noso taller de mates. Cada semana adicamos un anaco da xornada a traballar coas mates de xeito manipulativo para integrar a todo o alumnado da aula e, sobre todo, para aprender facendo.
A semana pasada, aproveitando o tema dos alimentos, fixemos pizzas matemáticas.

Dividimos a clase en dous equipos, cada equipo tiña unhas tarxetas con números do 1 ao 9 e outras tarxetas con debuxos de alimentos. Colocamos as tarxetas boca a abaixo e, de un en un, fomos levantando unha tarxeta dos números e outra dos alimentos. Logo debiamos colocar a cantidade xusto do alimento axeitado na base da nosa pizza.
Quedaron exquisitas!!!

Anuncios