No mes de xuño, antes de rematar o curso decidimos que neste curso, ademais de traballar sobre hábitos saudaveis para os nenos, iamos traballar as legumes porque o ano 2016 é o ano internacional das legumes. Falamos de que sería moi interesantes traballar nas aulas as legumes, preparar murais e cociñalas na escola para que os nen@s disfrutasen de pratos de culler que agora non son tan habituais nas nosas casas. Escollemos 3 legumes, unha por trimestre.
Así que esta semana adicámola a primeira das legumes que imos traballar: OS FEIXÓNS.
A finais de xuño a profe Luisa de 5º prantou os feixóns na horta e subiu ao cole durante o verán para coidalos. O volver os nen@s foron eles os que seguiron con este traballo.
Os Apolos comezamos o noso proxecto sobre os feixóns recolléndoos na horta.

Descubrimos que tiñamos varios tipos así que empezamos a investigar sobre eles. Ao final xa eramos uns expertos e pareceunos que sería boa idea compartir o que sabiamos cos CHOQUETES, cos COQUIÑOS e cos XIRASOIS.
Os Apolos fixéronno xenial, non podería estar máis orgullosa.

E isto é so o principio!!!

Anuncios