Estes días o Samaín chegou ao noso cole así que entre cancións e historias de medo tamén botamos mans as cabazas.

Zaira trouxo unha cabaza decorada así que aproveitamos a ocasión para saber máis delas. Lemos o conto de A Bruxa  Marcelina na noite de Halloween e seguimos os seus pasos.
Collemos a cabaza, fixémoslle un sombreiro e sacamos todo o de dentro. Despois fixemos a nosa cabaza de medo e, ao día seguinte, preparamos unhas chulas de cabaza entre todos.

O arrecendo era tal que os Choquetes chegaron a nosa aula para ver que estaba pasando así que lles explicamos todos os nosos pasos e,coma non podía ser doutro xeito, convidámoslos a probar as nosas chulas.
Foi un xeito moi orixinal de celebrar o Samaín e seguir traballando dentro do proxecto da alimentación co que estamos neste momento.

Anuncios