Archivo mensual: noviembre 2015

Os choquetes pouco a pouco vanse facendo maiores. Neste mes, Elena e Zoe xa teñen 3 aniños y celebráronno nunha fantástica festa con todos os pequesreboreda e coas súas familias. Mirade que ben o pasamos!


Os Apolos vanse facendo maiores. Este mes foi o turno de Carla e Ainoa. Celebramos os aniversarios co resto dos compis de infantil. Cantamos, comemos biscoito e disfrutamos coas piñatas.
Aquí tedes un resumo!

Pero, coma sabedes, este ano convidamos as familias a que preparen algo para celebrar o aniversarios connosco, nesta ocasión as familias de Carla e Ainoa xunto coas familias dos Coquiños prepararon un baile moi simpático e, ao final, todos nos arrincamos a bailar.
Noraboa a todos porque o fixeron xenial e, sobre todo, a Idaira de 3º que foi unha profe de baile estupenda!!


Coma xa vistes pasamos unhas xornadas moi intensas traballando coas froitas e froitos de outono, ademais, aproveitamos a visita a aula de informática para seguir traballando.

Preparamos un xogo lim das froitas e froitos de outono onde compilamos algunhas das cousas que aprendemos estes días e así, dun xeito máis lúdico, seguimos aprendendo e repasando todo o visto.
Aquí vos deixo aos Apolos xogando!!!

E coma non, o xogo para que sigades practicando na casa. Clicade para xogar.

limfroitosoutono


Despois de investigar, probar, experimentar na aula e cociñar, chegou o día da degustación.
Comezamos preparando as mesas. Cada aula preparou a súa mesa co froito e a froita que lle tocaba. Os Choquetes coas mandarinas e as améndoas, os Coquiños coa granada e os cacahuetes, os Xirasois coas uvas e as castañas e os Apolos coas mazás e coas noces.
Ademais, cada aula preparamos un vídeo explicativo con todo o que aprendemos sobre este productos. Aquí tedes o que fixemos os Apolos.


Xa no salón vimos os vídeos de todos os peques e logo comezamos a comer. Cada un podía ir a mesa que quería e probar o que lle apetecese. Teño que dicir que todos probaron de todo sen ter que forzalos e resultou unha actividade estupenda. Os especialistas chamados polo arrecendo fóronse achegando ao salón e compartindo a degustación con nós.
Foi unha xornada xenial!!


Nestes días de outono os choquetes andiveron liados decorando a súa clase cunhas grilandas da tempada. Empregaron diferentes técnicas e recursos plásticos para ter un resultado moi fermoso. Imos ensinarvos como pouquiño a pouco foi chegando o outono á clase dos choquetes e que colorida quedou.


Vaise achegando o día do mercado do outono. Ese día cada clase amosará ao resto dos compañeiros o que saben do seu froito e da froita de outono e ademais preparará unha mesa para degustar os alimentos que lle tocaron.
Os Apolos decidimos poñer as mazás en crudo e, ademais, presentar duas elaboracións, por un lado compota de mazá e, por outra banda, tarta.
Fixemos dous equipos para cociñar. Uns fixeron a compota coa profe Anabel e outros fixemos a tarta de mazá. Cada equipo tiña a receita diante, había que interpretala, escoller en cada momento o ingrediente e os pasos a seguir, ademais de  traballar de xeito coordinado.
Mirade que ben o fixeron.


Seguimos dando conta do noso mercado de outono.
Hoxe é o momento de amosarvos un resumo dalgunhas das cousas que fixemos coas mazás.
Despois, coma sempre, de investigar, ler e ver vídeos sobre as mazás, comezamos a traballar directamente con elas. Aproveitamos para observalas, cheiralas e, por suposto, probalas.
E tamén fixemos un pequeno experimento.



A %d blogueros les gusta esto: