Xa vos contamos que andabamos traballando coas fabas e entre os tipos que vimos había fabas negras. Resulta que Iria, dos Xirasois, era unha esperta nestas fabas porque a súa avoa facía unha receita que se chama “PRATO FEITO” onde o feixón negro é o protagonista.
A profe Aída mediou para que viñese ao cole e todos os peques Reboreda probamos esta delicia que se fai cocendo os feixóns negros en caldo de pezuño e costela de porco. Coma a faba é forte combínase con arroz branco e xudía verde. No Brasil chámanlle prato feito porque leva de todo: arroz, feixón, verduras e carne.
Disfrutamos moito con esta delicatessen!!

MOITÍSIMAS GRAZAS AOS XIRASOIS POR CONVIDARNOS E, POR SUPOSTO A IRIA, A SÚA NAI E A SÚA AVOA!

Os choquetes tamén tomaron boa nota e non deixaron nin gota. Pero canto comen estes grandes pequechos!!!

Anuncios