Estes días de outono os choquetes non paran nin un minuto. Nesta ocasión andiveron enredados preparando a festa do magosto. Prepararon uns cestiños moi xeitosiños, con dous departamentos, un para as castañas e outro para as cáscaras. Pero antes de ir comer as castañas xogamos ao comecastañas, ao porlle o rabo ao burro e tamén á corda. Estivemos moi entretidos. Mirade que ben o pasaron os choquetes nesta primeira celebración!

 

Anuncios