Chegou o outono e con el unha morea de froitos, secos e carnosos. Así que os peques de Reboreda tiveron unha orixinal idea, facer un mercado de outono. Durante toda a semana estiveron coñecendo cualidades dos froitos seleccionados, por exemplo: aos choquetes tocoulles as améndoas e as mandarinas, aos apolos mazás e noces, aos xirasoles uvas e castañas e aos coquiños granada e cacahuetes.

Preparamos unhas mesas de degustación moi orixinais, cos froitos en todas as súas variedades e algunhas das receitas máis divertidas. Os choquetes fixemos sorbete de mandarina, pero non deu tempo a que conxelara así que tomamos soamente unha refrescante bebida de mandarina e aos pocos minutos xa non quedaba nada de nada. Que ben o pasamos que canto aprendemos!!!

Anuncios