Archivo mensual: diciembre 2015

Antes de rematar o ano, aínda temos pendente as fotos dos aniversarios deste mes. Mauro e Teo xa teñen 4 anos. Un mes máis viñeron as familias, comemos biscoito e logo as piñatas!

Este mes tamén tivemos actuacións. Neste caso os protagonistas foron o propio Mauro e Teo que nos fixeron unha fantástica sesión musical.


A última semana antes de chegar o Nadal, os choquetes foron pasando os días de sorpresa en sorpresa. Mirade cantas cousas divertidas lles pasaron!!!

 


Coa chegada do inverno a porta da clase dos Choquetes encheuse de tenros bonecos de neve, jejejeje. Mirade que simpáticos nos quedaron!


Estos últimos días foron moi divertidos, cociñamos, tivemos visitas inesperadas, actuamos no festival… pero tamén fixemos cartas, actividades plásticas e elementos decorativos.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo dalgunhas das cousas que fixemos.


Con todo o noso agarimo.


Este ano os pequesreboreda no “Festival de Inverno” convertémonos nuns simpáticos bonecos de neve e puxemos as nosas gorxas a traballar.
Mirade que ben o fixeron!

Así viron o festival os choquetes


Chegou o nadal a nosa escola e tocaba decorala. Aproveitamos para facer unha árbore de nadal orixinal e moi sinxela e tamén para facer unhas bolas navideñas cun reno dentro.
Aquí vos deixo un resumo.



A %d blogueros les gusta esto: