A semana pasada foi outra semana intensa i é que ultimamente non paramos.
A última semana de novembro estaba programada coma a semana da froita, aos profes de primaria encargados gustoulles a idea do mercado de outono que fixemos en infantil e decidiron facelo para os maiores, pero coma nos tamén queriamos participar na semana da froita e non repetir a actividade démoslle unha volta de decidimos traballar as froitas e froitos de outono a través dos sentidos.
Cada clase de infantil encargouse dun sentido e preparou un taller. Aos Apolos tocounos o sentido do tacto así que adicamos a semana a sentir as froitas e froitos de outono.
Das diferentes actividades escollemos as que máis nos gustaron para compartir cos compañeiros pero diso falaremos outro día.
Concretando no que fixemos na aula comezamos involucrando as familias, cada Apolo tiña que traer da casa cousas quentes, frías, brandas e duras que estiven relacionados coas froitas e froitos que estamos a traballar. Os Apolos trouxeron cousas moi interesantes e así foi coma as traballamos!!!

Anuncios