Coma xa vos comentei a semana pasada estivemos traballando o sentido do tacto aproveitando a semana das froitas.
Para isto levamos a cabo varias actividades ao longo da semana que se suman a dos alimentos quentes, fríos, duros e brandos que xa vos ensinei.
Preparamos unha caixa misteriosa chea de productos do outono. Cada Apolo tiña que tapar os ollos, meter a man na caixa, sacar un obxecto e tentar adiviñar o que era usando so o tacto.
Coma o sentido do tacto está en toda a pel e non so nas mans fixemos outras actividades coma xogar a tirar botellas-maza usando a cabeza, comemos sen usar as mans, paseamos por un camiño de sensacións otoñais e preparamos a mistura da pasta de sal para facer froitas e froitos de outono.
De todos estes talleres escollemos o camiño de sensacións para amosarllo aos Coquiños, Choquetes e Xirasois. Cos Coquiños fixemos tamén o de comer sen mans e o xogo de bolos.
Realmente pasámolo xenial e foi estupendo poder compartilo con todos e disfrutar tamén dos talleres das outras aulas pero iso volo ensino no próximo post.
O vídeo dura case 15 minutos pero resumilo todo foi bastante complicado porque tiña máis dunha hora de gravacións. Creo que vale a pena!!!

Anuncios