Archivo mensual: enero 2016

No noso taller matemático semanal aproveitamos para aunar o traballo de lóxica co proxecto dos alimentos. Durante a semana preparamos unha pirámide entre todos. Cortamos dos catálogos publicitarios alimentos dos diferentes grupos, pintamos con pinceis os eslabóns da pirámide e o venres xogamos todos xuntos.
Para iso preparamos un dado coas cores da pirámide e unha das caras de cor branco, cor que viña sendo o comodín e nos permitía escoller o eslabón da pirámide que quixeramos.
Por outro lado, tiñamos outro dado numérico así que por quendas tirabamos os dous dados e debiamos colocar o número de alimentos na cor correspondente.
Custounos un pouco porque xogamos despois do bufet e coa barriga tan chea e difícil pensar… pero aínda así pasámolo ben e serviunos para repasar o que estamos traballando estes días.


E por fin despois de tantos e tantos preparativos chegou o gran día.
E non é porque o día eu, pero foi un grande éxito dos Apolos.
As normas eran tocar e coller so o que se ia comer, encher aos poucos e repetir todas as veces que se quixeran e facelo todos eles mesmos.
Non vos digo máis, MIRADE!!!


Despois do Nadal os choquetes comezaron a visitar a biblioteca de Margarida, una vez á semana. Nela poden ver libros diferentes, do mundo que me rodea, libros con sorpresa, libros para contar, libros para ver soíños,… e nos últimos minutos da sesión aproveitamos para facer unha sesión de contacontos.  Queredes velos por este buratiño para ver como o fan? Pois poñédevos cómodos que isto vai comezar…


Despois de cociñar tocábamos preparar a mesa para dispoñer todo o menú. Para iso tivemos que facer moitas pequenas cousas: colorear os carteis que queriamos poñer, facer manteis usando as troqueladoras, forrar as mesas para que estivesen bonitas, colocar os pratos, vasos…
Pero con boa vontade todo vai saindo adiante!!


A última receita que fixemos para os bufet foron unhas galletas de chocolate. Cos gorros de cociñeiros e seguindo os pasos fixemos unhas galletas riquísimas que arrecendían por todo o cole e facían que o resto dos profes entraran na cociña para ver que estaba pasando.


Seguimos preparando cousas para o almorzo do venres. Neste caso un delicioso pan caseiro feito con moito agarimo e amor.
O ideal sería ter amasado cos Apolos pero para facer un bo pan que aguantase ata o día seguinte para comelo fresco necesitabamos máis de 4 horas e a xornada escolar non nos da así que botamos man da tecnoloxía e usamos a panificadora.
Aínda así encantoulles a experiencia e estiveron toda a mañá pendientes da máquina.


Empezamos cos preparativos para o bufet a metade da semana.

O primeiro que fixemos foi preparar a marmelada de amorodo porque era o que podiamos facer con máis antelación.

Resulta que o día que levamos a receita a profe pasoulle algo moi estraño e non era quen de ler así que os Apolos valéndose das letras e das imaxes tiveron que interpretar a receita. Comezamos con algún atranco pero en moi pouco tempo colleron o fío e deron feito todos os pasos eles sos.



A %d blogueros les gusta esto: