Xa estamos de volta despois das vacacións de nadal e arrincamos cheos de ideas e ilusións que xa vos imos ir contando aos poucos. Pero, antes diso, aínda temos algunhas cousas pendentes que queremos compartir, entre elas, coma funciona a clase este ano.
Un dos obxectivos xerais deste curso para a clase dos Apolos e que sexan os creadores do seu propio coñecemento e para iso dotamos a aula de diferentes recunchos onde poder investigar, traballar e crear de xeito libre e non dirixido.
Entre eses espazos temos un recuncho da escrita onde eles poden escribir, pintar, estampar, recortar… Vendo coma usaban o recuncho e as súas ganas de facer cousas decidimos preparar unhas libretas para compilar todo o que estaban a facer. Chamámoslle “As cousas de…” e cada un pode facer o que lle peta nelas.
Gústanlle tanto que ademais de usalas no recuncho da escrita tamén as usan sen rematan rápido unha actividade, se queren escribir no tempo de xogo ou cando facemos o xogo por mesas.
Aquí vos deixo unhas fotos de coma prepararon as libretas.
Tiveron liberdade total e pódese ver nas súas caras o ben que o están a pasar!

Anuncios