No noso taller matemático semanal aproveitamos para aunar o traballo de lóxica co proxecto dos alimentos. Durante a semana preparamos unha pirámide entre todos. Cortamos dos catálogos publicitarios alimentos dos diferentes grupos, pintamos con pinceis os eslabóns da pirámide e o venres xogamos todos xuntos.
Para iso preparamos un dado coas cores da pirámide e unha das caras de cor branco, cor que viña sendo o comodín e nos permitía escoller o eslabón da pirámide que quixeramos.
Por outro lado, tiñamos outro dado numérico así que por quendas tirabamos os dous dados e debiamos colocar o número de alimentos na cor correspondente.
Custounos un pouco porque xogamos despois do bufet e coa barriga tan chea e difícil pensar… pero aínda así pasámolo ben e serviunos para repasar o que estamos traballando estes días.

Anuncios