Archivo mensual: febrero 2016

Xa vos ensinei fai uns días coma os Apolos comezaban a sumar no taller de mates. Están tan entusiasmados que no taller da semana pasada seguimos traballando a suma de xeito lúdico. Neste caso presentamos a nosa máquina de sumar. A idea saqueina da rede. Hai moitísimas versións desta máquina e, xuntando dun lado e doutro, fixemos a nosa propia.

Así nos quedou:

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Non vos perdades coma chegan a conclusión de que é e coma se utiliza. Para comelos!!!

Anuncios

O outro día veu o profe Esteban a dicirnos que este mes tiñamos un pequeno problema cos aniversarios porque so tiñamos dous nenos que estaban de celebración e non ían chegar os biscoitos. Coma os Apolos somos uns espertos cociñeiros ofrecémonos a facer un biscoito sen lactosa.
Cada mes enviamos unha receita aos que están de aniversario para que fagan un biscoito que poidamos comer todos. Os Apolos fixemos unha variante que podedes copiar se vos apetece porque é moi sinxelo e sempre sae delicoso, e o biscoito de iogurte. Tamén se chama biscoito 1, 2, 3 porque son as cantidades que precisa. Usamos o vaso de iogurte coma medidor e engadimos 1 vaso de aceite, dous de azúcre e 3 de fariña. Pero para que o teñades máis claro mirade que ben o fixeron os Apolos.


Un mes máis tocounos almorzar no cole. O tema deste mes eran os bocatas. Tentamos facer o bocata perfecto, un que levase lácteos, vexetais, proteínas e cereais. Aparentemente é sinxelo pero á meirande parte dos Apolos non quere queixo así que nos faltaría o lácteo. Para arranxar iso decidimos facer pan de leite.

Preparámolo o día anterior. Tivemos algún percance coma veredes no vídeo porque non botamos as cantidades exactas e se nos empezuñou, aínda así, xa veredes que pasou.


Pero, ademais do pan, tivemos que facer traballo previo para poder preparar o noso bufet xa que chegamos a conclusión de que non a todos nos gustaban os mesmos bocatas así que, en vez de escoller o menú por equipos, o mellor de xeito de almorzar todo, era facéndoo a través do bufet.
Aquí tedes un resumo de todo o que fixemos e coma resultou o almorzo.


A mami de Irea víu a visitarnos cunha chea de amigos, os amigos do centro ocupacional “Lenda”. Traían una actividade moi interesante e moi relacionada co noso proxecto da alimentación sá, “As libretas larpeiras”.

Ensináronnos a facer libretas para anotar a lista da compra cando vaiamos ao supermercado con papi e mami, aínda que tamén podemos utilizar para escribir e debuxar o que queiramos. Foi un proceso laborioso e delicado pero valeu a pena porque o resultado final foi…… FANTÁSTICO!!!

Tamén nos regalaron un recetario viaxeiro, no que moi pronto todas as familias dos choquetes van a por o seu granciño de sal, jejejeje. Será un recetario onde imos deixar voar a nosa imaxinación con orixinais e divertidas receitas para sentirnos mellor.

Queredes ver todo o proceso de elaboración, pois estade atentos porque o vídeo xa vai comezar!!!

GRACIÑAS A MAIKA E AOS AMIGOS DE “LENDA”

POR TRAERNOS UNHA ACTIVIDADE

TAN ENRIQUECEDORA  E  INTERESANTE PARA TODOS!!!


Xa vos contara fai un tempo que este ano iamos facer un taller de grafismo os venres. Comezamos seguindo o libro de “La cocina de los dibujos” de Hervé Tullet como xa vos ensinei. Pero, ademais do libro, tamén seguimos algunhas das propostas que atopamos no blog “A clase de Miren”. Esta profe tamén ten un taller de grafismo e recollen todos os traballos nunha preciosa libreta de grafismo.
Aquí vos ensino tres dos últimos grafismos que fixemos na aula.


A semana pasada visitounos a DXT e ensinounos moitas cousas da seguridade vial, como por exemplo: como camiñar polas rúas, como cruzar, como funcionan os semáforos,como circular polas estradas, o significado dalgunhas sinais de tráfico,… Os choquetes trouxeron triciclos, bicis, patinetes, bicis de equilibrio, motos,… Mirade que ben o pasaron os máis peques do cole e que atentos estiveron a todo.

 


Dentro do proxecto de “Educando para unha vida sá” no que participamos todo o centro, esta semana tivemos a visita da DXT que veu a facer connosco un Taller moi divertido e interesante sobre Educación Vial.
Os Apolos participamos no taller que consistiu nunha charla didáctica, nun circuito con bicicletas e ver un vehículo oficial.
Non nos daba chegado o día porque fomos na última quenda e xa andabamos desesperados pero a espera valeu a pena e pasámolo xenial, ademais de repasar e aprender moitas cousas que melloran a nosa seguridade.
Aquí vos deixo unha mostra!!



A %d blogueros les gusta esto: