Seguimos co tema da alimentación e non podiamos deixar pasar unha época tan gastronómica coma o entroido para investigar, aprender e disfrutar cos doces típicos desta época.
Nesta ocasión non cociñamos no cole senón que contamos coa fantástica axuda das familias que nos trouxeron: ourellas, filloas, flores de entroido, torrijas, rosquillas, buñuelos e ata doces marroquís.
Cada unha das aulas investigamos sobre un dos doces, os Choquetes as orellas, os Xirasois as rosquillas, os Coquiños as filloas e os Apolos as flores de entroido.
Resumimos a nosa investigación nun vídeo que proxectamos no salón para que todos os peques souberan algo máis das nosas tradicións gastronómicas. Temos que darlle especialmente as grazas a mamá de Daniela que nos deixou grabar na súa casa coma facía as flores para poder proxectar despois na clase e que os Apolos puidesen ver coma eran, ademais montamos o noso vídeo aproveitando esas imaxes. Tivo que facer as flores para o vídeo e logo para traer a escola así que MOITÍSIMAS GRAZAS.


Despois de cultivar o espírito chegou o momento de cultivar o estómago así que pasamos a degustación. Acompañamos os doces con chocolate quentiño e pasámolo xenial
Coma as familias nos trouxeron tantos doces ao final fixemos unha bandexa para cada aula e compartimos con todos os nenos do cole.

MOITÍSIMAS GRAZAS AS FAMILIAS UNHA VEZ MÁIS POLA VOSA DISPOSICIÓN E A VOSA COLABORACIÓN. DA GUSTO PODER CONTAR CONVOSCO E TER SEMPRE TAN BOA RESPOSTA!

Anuncios