Este ano os pequesreboreda decidimos disfrazarnos de “Peque Mercado”, así que cada aula escolleu un posto e disfrazouse del. Os Apolos escollemos os horteláns e traballamos arreo durante dúas semanas para sacar adiante os nosos traxes. Un ano máis contamos coa axuda das familias que cortaron, pegaron e montaron mandís e enchéronse de cortar froitas e verduras en goma eva. Logo na clase cada Apolo montou o seu mandil e a súa cesta ao seu gusto, e así quedaron.

E chegou o día do desfile, preparación, maquillaxe e listos para dar un pequeno paseo por Reboreda. Despois sesión de baile, orellas que nos agasallaron dende a ANPA e xogos na aula.

BO ENTROIDO A TODOS!!!

 

Anuncios