Os Apolos levaban unha tempada dicíndome que xa sabían contar moi ben e querían aprender a sumar coma os maiores, así que no taller de mates desta semana propúxenlles ese reto.
Para iso seguín a proposta do blog:
http://www.confessionsofahomeschooler.com/blog/2010/04/add-it-math-game.html
onde explica paso a paso coma utilizar uns cartóns de suma moi visuais que axudan a introducir esta operación. O bo do blog e que che da a oportunidade de imprimir o material ou baixalo en pdf, se clicades na imaxe iredes a dirección.

sumas
Eu collín o arquivo pdf e modifiquei o material para as miñas necesidades e adaptei o xogo a idade dos meus peques. No arquivo orixinal pódense facer operacións ata o número 20 pero eu fixen o material so ata o 12, que é o que máis traballamos na aula, puxen os cartóns en galego e aproveitei material da aula que coñecen e lles gusta para que comezasen a traballar.
Antes de darlles os cartóns  expliquei coma funcionaban e fíxenlles un par de exemplos.

Para comezar a xogar, coma era a primeira vez, fixen parellas aplicando criterios pedagóxicos e isto foi o que aconteceu.

Anuncios