Archivo mensual: marzo 2016

Un venres máis volvemos a almorzar no cole, nesta ocasión coma xa vos contei aproveitamos a visita ao mercado e o traballo que fixemos previo a esa visita para reforzar as nosas aprendizaxes mercando no super e, ademais, cociñar as nosas propias magdalenas.
A semana pasada foi a semana da froita no cole e coma cada día nos sobrou algunha peza de froita, aproveitamos que o noso almorzo ten que ter lácteos, proteínas, cereais e froita para facer brochetas e almorzalas xunto co leite e as magdalenas.
Nesta ocasión a mecánica do almorzo cambiou un pouco e non almorzamos por equipos senón que todos comemos o mesmo pero aínda así estivo moi ben.
Aquí vos deixo un resumo!!!


Acaba de chegar á clase dos choquetes unha caixa misteriosa, chea de cousas deportivas. Estivemos investigando e descubrindo para que podería servir cada cousa, falamos moitisimo e descubrimos moitas cousas interesantes. A verdade que tanto participamos que tivemos que facer dous vídeos porque non podíamos deixar nada fóra. Mirade, mirade… estes peques medraron un montón!!!

 


Despois de ir ao super polos ingredientes tocaba día de cociña. Imos preparar magadalenas para o noso almorzo do venres no cole.
Cada día os Apolos son máis expertos e, a verdade é que da xenio velos cociñando e vendo coma manexan termos culinarios. Nesta ocasión eles levan todo o peso da receita lendo os pasos a seguir e as cantidades a usar. Fixéronno verdadeiramente xenial, deixanme sen palabras e fan o difícil moi sinxelo. É un verdadeiro pracer compartir estes momentos con eles.
Non vos digo máis. Mirade que ben o fixeron.


Un mes máis imos a almorzar no cole. Nesta ocasión imos almorzar magdalenas e, aproveitando que estamos na semana da froita, brochetas de froita.

Aos Apolos encantoulles visitar o mercado pero non puideron mercar coma eles querían así que decidimos que este mes en vez de traer as cousas da casa iamos ir mercalas ao super.

Para iso collemos unha receita da rede e fixemos a lista da compra vendo os ingredientes. Despois cada un fixo a súa nota para non esquecer o que tiña que mercar. Falamos de onde estaban as cousas no super e, por suposto, dos prezos para ver se nos chegaban ou non os cartos.

Para o día da compra pedimos as familias unha bolsa para gardar os alimentos, un monedeiro e 2 euros. Baixamos acompañados da profe Marina e no super dividímonos en 2 equipos. Unha vez alí… non volo conto. Mirade que ben o fixeron. Eramos a atracción do supermercado. Están para comelos!!!


Despois de traballar tantos días co conto da eiruga larpeira quixemos facer un gran fin de conto cunha actividade mmmmm moi doce. Fixemos una eiruga moi larpeira da que non quedou ningunha migalliña. Queredes saber como a fixemos? Pois atentos que o vídeo vai comezar.


Seguindo co conto da eiruga, esta vez quixemos decorar a nosa clase cunhas grilandas moi orixinais, feitas con materiais de refugallo. Fixemos froitas variadas con platos de cartón, como as froitas da eiruga larpeira. Empregamos diferentes técnicas e materiais plásticos e os resultados foron preciosos. Ademais fixemos una eiruga xigante que acompaña as nosas froitas. Mirade canto traballamos!


Despois das pastillas da felicidade vos amosamos outra das receitas que ían incluidas no noso recetario. Neste caso si usamos a cociña pero non vos dou máis detalles, mirade!!!



A %d blogueros les gusta esto: