Despois do artigo da máquina de sumar varios seguidores nos preguntaron por detalles da mesma así que vouvos explicar brevemente coma a fixemos.
O funcionamento explícao moi ben Daniela no primeiro vídeo.
Para facela empregamos 3 caixas de zapatos, por un lado unha grande de corpo da máquina, unha con tapa unida a caixa para gardar os tapóns e outro que é onde caen os tapóns.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Aos lados temos dúas caixas pequenas, neste caso de cartuchos de tinta de impresora. Nestes cartuchos hai números. Nun primeiro momento usabamos os duns lado para poñer os números que iamos sumar e os do outro lado para poñer o resultado. Pero, despois de usar a máquina no recuncho fixemos algunhas melloras.  Para que sexa máis visual e manexable collen os números para sumar aos lados, coma indican as frechas da imaxe. Así non se lían para saber en que caixa poden coller os números. Ademais, en cada lado temos número do 0 ao 10 de xeito que as sumas chegan, como máximo, ata o 20.

Incorporamos outra caixa ao lado da caixa inferior onde caen os tapóns coma vedes na imaxe. Nesta caixa puxemos números do 1 ao 10, con dous números 1 para poder facer o 11.

maquina

 

Cambiamos os números impresos por números en madeira máis resisten e motivadores.  Os do resultado teñen pé así que non fai falla pegalos a caixa. Os que se suman tamén son de madeira pero non teñen pé e péganse facilmente co blue-tac.

A máquina, igual que o resto do material que presentamos no taller dos venres forma parte do recuncho das mates así que poden usala sempre que vaian ao recuncho para sumar ou para indagar, por exemplo, esa fila de números que vedes fíxoa Carla para explicarlle a Manu a serie numérica, así que xa vedes, vale para moito máis que para sumar.

Nos neste momento sumamos ata 20 pero cada un pode engadirlle a dificultade que queira.

Xa vedes, sinxela, económica e altamente motivadora.

 

Anuncios