Co gallo do tema da alimentación, os choquetes quixeron facer unha bolsa da merenda diferente, queríamos presentar o noso menú semanal das merendas pero…. dun xeito moi orixinal. Estivemos traballando duro durante moitas semanas, primeiro preparando cada un dos alimentos con diferentes técnicas plásticas, logo preparando a portada da bolsa empregando tampóns de letras para facer o noso nome, e por dentro pegando os números e os días da semana para traballar a lecto-escritura e a serie numérica.

Así de duro traballamos e así foi o resultado final…

Anuncios