O pasado xoves, os peques de Reboreda saíron ao mercado para ver todos os alimentos que se venden nas distintas tendas do mesmo e para comprar algún dos ingredientes que nos facían falla para preparar ao día seguinte lentellas, porque neste trimestre toca estudiar unha nova legume. Os choquetes tiveron que mercar pementos verdes e vermellos, aínda que ao final tamén mercamos puerros porque as vendedoras das verduras eran tan simpáticas que non puidemos marchar sen levarlles algo.

Baixamos andando e ao chegar ao mercado abrimos ben os olliños para non perder detalle, alí todos os traballadores do mercado portáronse xenial cos nosos peques. Ao rematar fixemos una paradiña no parque “novo” para xogar un ratiño e para  merendar. Queredes ver como fixemos as nosas compras?  Pois ahí vos deixamos o noso vídeo.

Anuncios