Coma xa vistes fixemos unha chea de cousas para aprender máis sobre as lentellas e despois de tanto traballo previo chegou o momento de cociñalas. Nesta ocasión tivemos unha axuda fantástica, a do cociñeiro Santos pai de Cris, a profe de prácticas.
Para facer as lentellas cada aula escolleu 4 ingredientes vexetais e deses, sacando os repetidos, quedaron oito. Cada clase escolleu 2 deses oito e foron os que compramos no mercado.
O venres xuntámonos todos no salón de actos e Santos explicounos que receita podiamos facer con aqueles ingredientes. Para cociñalos fixemos relevos. Cada aula foi indo a cociña para incorporar nas lentellas os ingredientes que compraran, sempre guiados e coa axuda de Santos.
Os Apolos fomos despois dos Choquetes, pelamos e cortamos os ovos e botamos as lentellas e o arroz no caldo de verduras.
Cando xa estiveron listas  todos os peques fomos ao salón de actos e fixemos a degustación. Unha vez máis os peques estiveron de 10, nunca deixan de sorprendernos.

E as lentallas estaban exquisitas pero…, non volo conto, mirade!

MOITÍSIMAS GRAZAS A SANTOS POR VIR A AXUDARNOS E TER TAN BOA MAN COS PEQUES, A PROFE CRIS POR CONVENCELO E SUPERVISAR TODO O PROCESO E A PROFE ROSA POR FACER A PROPOSTA.

Anuncios