Estamos moi contentos e emocionados porque, un ano máis, e xa van uns cantos, iniciamos proxecto implicando as familias.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Creo que a estas alturas estes talleres xa son un signo de identidade dos “pequesreboreda”. Comezamos os talleres coas familias alá polo ano 2009 facendo unha maleta científica que nos deu moitas alegrias e, dende ese momento, descubrimos que as familias tiñan que estar na aula connosco porque o intercambio era fantástico e, cada familia, sempre aporta moitísimos beneficios ao noso traballo diario. Ademais, abrir a aula as familias, amosarnos como somos e coma traballamos achegamos e facilita moito que poidamos traballar en sintonía.
Por iso cada vez que iniciamos un proxecto en familia emocionámonos coma os nen@s. Nesta ocasión temos un reto acorde co proxecto que estamos traballando este curso, imos facer un recetario entre todos pero un recetario para a alma dos Apolos cheo de receitas que nos fagan sorrir, pasalo ben e disfrutar dun bo rato xuntos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Cada semana un nen@ leva un maletín especial cheo de contos inspirados relacionados co proxecto e dous libros a cubrir, o recetario onde escribirán a receita que queren facer e o libro de avaliación para recoller as impresións sobre a actividade.
A semana seguinte de levar o maletín as familias virán a aula e faremos a receita entre todos.
As receitas non teñen que ser de cociña pode ser calquera cousa que nos faga sentir ben. Para inspirar as familias no libro incluimos tres receitas sinxelas e que lles poden dar ideas do que queremos.
Estou desexando amosarvos todas e cada unha das receitas que fagamos.
Aquí comezamos a nosa película.

Anuncios