Archivo mensual: abril 2016

O outro día tivemos unha visita moi especial, os xirasois viñeron a clase porque Mateo ten unha planta carnívora e viñeron a ensinárnola.
Foi moi interesante porque tiña dentes e resulta que come mosquitos. Isto non é algo que se poida ver todos os días e chamounos moito a atención.
Mirade!!!

Grazas aos Xirasois por compartilo connosco.

Anuncios

Pola semana do libro, fixemos o venres unha lectura silenciosa moi particular, invitamos ás familias do cole a facela con nós. E cal foi a nosa sorpresa cando moitos invitados chegaron á ler cos choquetes (papis, mamis, avós,…) todos caladiños puxéronse a ler, uns polo corredor, outros na clase, por parellas, en grupiños,… cada quen buscou un compañeiro ou compañeira de lectura creando un momento moi máxico todos xuntiños, atentos e caladiños.


Un ano máis fomos pasar unha xornada no Monte en compañía da Comunidade de Montes de Reboreda e Ventosela e da ANPA. Foi un día de xogar, de disfrutar de boa compañía, compartir unha merenda, aprender novas cousas sobre o medio e emprender accións para a súa permanencia e durabilidade.

Aquí vos deixo un resumo.


Ademais, a Comunidade de Montes soltou coellos, e isto foi o que nos contaron.


Esta semana a nosa maleta das receitas viaxou a casa de Alba e alí prepararon unha receita moi especial, máxica e divertidísima.
O xoves Marcia, a mamá de Alba, veu ao cole e cociñamos xuntos “Soños de fada”.

Foi incrible, coma dicían os Apolos, era maxia de verdade porque as mans quedabann brillantes.
Queredes saber coma o fixemos? Pois dádelle ao play.


Iria, a pesar da súa timidez, foi capaz de explicarnos cada unha das fotos que recibíu nun e-mail moi especial. Fotos cheas de tenrura e amor. Iria estaba nerviosa pero moi contenta de ver cos choquetes as súas fotos, a súa cariña o dicía todo. Estade atentos e mirade canto medraron xa estes choquetes, ata os máis tímidos. Parabéns Iria!!! E graciñas familia por compartir con todos nós, estes trociños da vosa vida. Muack!!!


Chegou o día de almorzar no cole e de inagurar o restaurante.
Despois de adestrar os días previos, facer os menús, aprender a cubrir as comandas, distribuir os postos e turnos de traballo, por fin, chegou o gran día.
Fixemos duas quendas de almorzo. No primeiro turno almorzaron 6 e atenderon 5 o restaurante e, no segundo turno ao contrario. Xa tiñamos os postos e o traballo a facer distribuido do día anterior e foi INCRIBLE!!!
Non vos adianto nada pero vale a pena cada minuto do vídeo.
NORABOA AOS APOLOS QUE ESTIVERON DE 10!


Un mes máis toca preparar o almorzo mensual pero, nesta ocasión, imos unilo co proxecto do restaurante. Vai ser a primeira práctica así que temos que ver moitas cousas para facelo ben: elaborar o menú, onde se collen as comandas, facer os ensaios…
É un traballo moi serio e moi importante, senón vede coma o toman os Apolos.



A %d blogueros les gusta esto: