Os Choquetes, xa están inmersos nun novo proxecto escola-familia, “O receitario viaxeiro para sentirse mellor”

Neste receitario os choquetes e as súas familias van ir colocando novas receitas que fagan que nos sintamos mellor. Poden ser receitas tradicionais ou orixinais, poden ser receitas de cociña ou receitas en forma de canción, de baile, de manualidade, de conto,… cada familia deixará voar a súa imaxinación e presentarán unhas fermosas receitas feitas con moito corazón e moita ilusión.

As receitas iranse recollendo nun block receitario, poden clasificarse en sopas, carnes, poeixes, doces,… Tamén a maleta leva varios libros de cociña que axudarán as familias a dar forma a súa receita, son orixinais e creativas.

Nesta primeira viaxe a maleta chegou á casa de Kira e alí, argallaron una receita chea de ritmo, melodía, e sons,… Unha receita con forma de canción, “A dansa de Firmistans”. Pasámolo xenial cando Erika víu ao cole e agasallounos cunha sesión tan musical. Mirade que ben o pasamos e que alegres que nos puxemos con esta receita.

Anuncios