Xa vos falei da nosa máquina de sumar. Cando a fixemos os Apolos enseguida me dixeron que querían unha para cada un. Evidentemente non era viable facer unha máquina coma a da clase para cada un pero si podiamos facer unha versión máis sinxela, así que unha vez máis, botamos man das familias que nos trouxeron caixas de zapatos a clase.
Aproveitamos a idea dos Apolos para facer unha chea de actividades de preparación usando material de refugallo que tiñamos ao noso alcance coma rollos de papel hixiénico, tapóns de botellas… Cada Apolo individualizou a súa caixa e preparouna ao seu gusto.
As caixas quedaron moi vistosas.

Pero despois de facelas quedaba o máis importante, usalas e ver se funcionaban ben. Este foi o resultado.

Anuncios