Coma sabedes un ano máis estamos a criar os vermes de seda, pero hoxe sucedeu algo incrible no patio. Cando volviamos para clase Zaira dixo que Carla tiña unha eiruga no cabelo e así era, alí estaba, unha eiruga verde e alongada. Collémola e levámola a aula. Un neno da aula do profe Esteban atopou outra así que clase falamos delas.
David púxome na pista de onde atopalas porque dixo que as había na casa de Teo e que eran malas. Teo confirmou a historia e dixo que estaban nos buxos, así que fomos a buscalas. E alí estaban. O buxo estaba plagado delas o que xa me deu mala espiña.
Collemos unha cuantas para velas ben e fomos pedirlle a profe Luisa un recipiente para colocalas.
Eu este ano quería criar bolboretas cos nenos e aí tiñamos as eirugas pero… Despois da historia de David e Teo tiñamos que buscar información así que puxemos no google “eiruga do buxo” e descubrimos que é unha especie invasora de Asia que acaba cos buxos.
Así que agora teño as eirugas na clase e un gran dilema moral sobre si crialas ou desfacerme delas.
Mañá falarei cos Apolos e a ver que pensan eles, seguide atentos!!!

Anuncios