Archivo mensual: mayo 2016

Na semana dos títeres, os choquetes baixaron ao multiusos da xunqueira para gozar dunha obra titiriteira moi especial. Logo merendamos no parque da Xunqueira e xogamos sen parar. Mirade que ben o pasamos!!!

Anuncios

Unha semana máis a nosa maleta marchou de viaxe, nesta ocasión a casa de Mauro. Despois de pasar uns días disfrutando dos libros decidiron facernos unha receita moi simpática que nos encheu a barriga e tamén a alma.
Nos vos adianto máis!!
MOITAS GRAZAS A CHARINA POR PARTICIPAR NO PROXECTO E VIR A NOSA AULA!!! DA GUSTO COMPARTIR CON TODAS AS FAMILIAS ESTES MOMENTOS TAN FANTÁSTICOS!!!


Diego e a súa familia, no receitario “para sentirse mellor” dos choquetes, aportaron unha orixinal receita para rir e divertirse mogollón. A súa receita chamábase “PONLLE A COLA AO BURRO”, e como a familia de Diego non podía vir ao cole a facer con nós a súa receita, enviáronnos un simpático vídeo explicativo. Mirade que ben o pasamos! Un divertido xogo para rir e traballar xuntos para axudar aos compañeir@s.


No mes de Abril, soamente tivemos un choquete de aniversario. Kevin foi o novo compi que incrementou a lista dos pekes que xa ten 4 anos. Estivo acompañado por todos os pequesreboreda e pola súa mami. Mirade que guapo estivo coa súa coroa!


Coma todos os anos, aproveitamos o Día das Letras Galegas para celebrar o día dos xogos. Este ano, coma nos dous anteriores decidimos converter este día de alegría e festa nunha festa solidaria, nesta ocasión fixemos unha recollida de alimentos para o banco de alimentos. Para iso, todos os alumnos que querían podían aportar alimentosnos días previos ao día dos xogos. Ese día fixemos a entrega dos alimentos que xa tiñamos acumulados na aula e logo fomos a xogar. Ao rematar e para agradecer as donacións sorteáronse libros entre cada curso do cole pero os mestres de infantil falamos cos nen@s e prefiremos, en lugar do sorteo, deixar o conto para a biblioteca de aula.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!!


Coma sabedes os pequesreboreda participamos no programa VOZ NATURA e un ano máis estamos a participar no concurso de vídeos que organizan.

Necesitamos os vosos votos. Para iso tedes que clicar no seguinte enlace e seguir as instruccións que son ter  facebook e facervos amigos de VOZ NATURA logo xa podedes votar. De momento so temos uns poucos votos e precisamos moitos máis así que axudádenos, deixade o voso voto e compartide en facebook para que os vosos amigos tamén nos voten.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Aquí tedes o enlace

http://premium.easypromosapp.com/voteme/306368/622972282

E este é o vídeo deste ano.


Xa vistes o ben que o fixo o primeiro equipo. Ao día seguinte foron eles os que foron comer ao restaurante e o equipo II o que cociñou.

Vedes que cada equipo come o menú que deseñou o outro equipo, de xeito que os comensais teñen que adaptarse ao menú do día. Pensei que teriamos algunha reclamación dalgún dos nen@s dicindo que isto ou o outro non lles gustaba pero, salvo un comentario polas noces, todos comeron moi ben, de forma que, non so aprenden a cociñar, a ser máis autónomos e desenvolverse, senón que tamén aprenden a probar e comer de todo.

DEU TRABALLO PERO OS RESULTADOS SON TAN INCRIBLES QUE ESTOU DESENXANDO QUE SIGAMOS TRABALLANDO NO NOSO RESTAURANTE



A %d blogueros les gusta esto: