Chegou un dos días con máis arraigo na escola de Reboreda, o día da árbore. Este ano acercámonos ao monte, “Chan da Costa” e alí a comunidade de montes estaba a esperarnos para repoblar o bosque con árbores e este ano como novidade puxémoslle pendentes a uns coelliños para repobrar a fauna desa zona, xa que por culpa de enfermidades pouco a pouco vai disminuindo o número deles. Logo agasalláronnos cunha rica merendola  a ANPA do cole e para rematar xogamos sen parar. Os choquetes gozaron do lindo! Mirade que ben o pasamos!!!

Anuncios