Irea e a súa mami, trouxéronnos unha boísima idea no noso receitario viaxeiro, “Pan de trasnos”. Irea cando vai a Vieiros pasa moito rato buscando polos bosques aos travesos trasniños, pero… non hai xeito de atopalos. Idearon unha receita máxica para atraelos, o seu delicioso pan de trasnos porque…….. cando o atopan non deixan ningunha miguiña!

Así que Irea e Maika querían que os choquetes probasen o seu pan e se sentisen como verdadeiros trasniños. E mentres esperaban a que saísen as fornadas escoitamos un conto chulisimo da man de Maika e a axuda de Irea, “Sopa verde”.

Queredes ver que bos panadeiros son estes pequechos e pequechas? Pois atentos, atentos que os vídeos van comezar!!!

Anuncios