Este restaurante dos Apolos estamos dando un terceiro trimestre moi entretido. Esta semana estivemos ocupadísimos co menú. Non é nada sinxelo porque hai que deseñalo, cociñalo, dalo a probar e que, finalmente, teña o visto bo.
Comezamos dividindo a clase en dous equipos. Cada equipo tiña que deseñar un menú composto dun primeiro prato, un segundo e un postre. Pratos sinxelos que puideran cociñar eles mesmos, que lles gusten a todos os membros do equipo e que fosen atractivos.
Cada equipo podía usar a rede, libros ou inventar os seus pratos. Nas primeiras pesquisas querían facer langostinos ou pulpo pero, finalmente, buscaron pratos máis viables para poder facelos na aula. Con esta actividade comezamos unha serie de actividades que levamos a cabo antes de comezar a cociñar.
Aquí tedes un resumo do traballo que fixeron os equipos para deseñar os seus menús.

Anuncios