Xa vos comentei na anterior entrada que tivemos moito traballo estes días para deseñar o menú do restaurante. Coma vos chefs estamos facendo probas pero no restaurante os pratos teñen que ser uns iguais aos outros e para iso necesitamos ter unha guía, saber que cantidade leva cada prato e coma se coloca.
Os equipos partindo dos menús que xa deseñaran escolleron a cantidade de ingredientes que ían levar, coma os ían colocar e perfilaron detalles que aínda non estaban claros.

Todo este proceso supón poñerse dacordo no que van facer, traballar lóxica-matemática, por exemplo, uns dos problemas que tivemos foi que un equipo quería poñer 3 tomates por comensal, eran 6 comensais, iso resolveríamolo cunha multiplicación pero eles non saben así que lle pediron axuda a profe Marina que seguindo as aportacións ía facendo cada membro do equipo debuxou os tomates en cada prato e fíxoo na pizarra para que mirasen todos, logo  eles contaron a cantidade total (xenial, verdade?)
Ademais traballamos lectoescritura, creatividade, traballamos de xeito cooperativo, repartimos os ingredientes que tiña que traer cada un… En fin, un gustazo!!!

E prométovos que inda queda o mellor: “o día que cociñaron” pero iso vai ser no próximo post.

Anuncios