Archivo mensual: junio 2016

Gustaríame facer un artigo breve e conciso pero necesito expresar o que sinto neste instante así que perdoade se me explaiO demais, é AMOR DE MESTRA!

Todo proxecto ten o seu fin, normalmente, un final que serve de conclusión de todo o proxecto, que compila todo o feito e que, as máis das veces, serve de avaliación. E así foi no noso caso. Despois de pasar un trimestre traballando arredor do restaurante, facer probas, elaborar menús, recibir a expertos, cociñar, preparar un recuncho na aula… chegou o gran día, o día da inaguración.

Coma xa vistes na entrada anterior os días previos tivemos moito traballo e o propio día tamén.
Puxemos hora de apertura ás 10 para preparar os pratos antes, poñer as mesas, repasar o que tiñamos que facer, repartir os postos de traballo, numerar as mesas… E as 10 a nosa maitre abriu as portas aos primeiros comensais. Unha vez máis a resposta das familias foi fantástica e todas acudiron a nosa invitación ben a traves dos propios pais ou dos avós ou titores. Os convidados chegaron de xeito escalonado e os nosos camareiros tomaron boa nota das comandas, a cociña traballou en equipo para que todo fose rápido e ben e os comensais disfrutan dun bo almorzo.
Esta inaguración foi o punto final aos almorzos que fixemos ao longo do ano, así o noso menú tiña lácteos, cereais, proteínas e froita e fixemos cookies que xa fixeramos nun dos almorzos. Ademais, compilamos algunhas das receitas que nos ensinaron os mestres e alumnos da escola de hostelería: macedonia e empanada, fixemos receitas novas coma as napolitanas, aplicamos as ideas que nos deu a tía de Carla e Ainoa, decoramos a aula para convertila nun restaurante e traballamos en equipo, buscamos as cualidades de cada un para que todo fose ben e cada Apolo fixo o que tocaba dun xeito impecable e fantástico.

Verdadeiramente foi espectacular ver aos Apolos desenvolverse tan, tan, tan ben. O clima da aula era fantástico, parecía un restaurante de verdade. Algúns dos convidados pensaban que era un xogo de nenos e quedaron sorprendidos ao ver a seriedade de todo o proceso, o elaborado que estaba todo e o concentrados  que estaban cando os atendían.

 Ver o autónomos que son, coma asumen responsabilidades, o motivados que estaban, o eficientes que foron, o ben que fluiu todo… en fin, un día memorable, para non esquecer nunca.

NON PODO ESTAR MÁIS ORGULLOSA, SEI QUE VOLO DIXEN OUTRAS VECES, PERO É QUE NON PARAN DE SORPRENDERME.

É MOI FÁCIL, EXCITANTE E EMOCIONANTE EDUCAR AOS APOLOS, SON FANTÁSTICOS!!!

Estes momentos son os que lle dan sentido ao traballo por proxectos, o que demostra que as ideas tolas dos nen@s son viables, que querer é poder e que non hai mellor xeito de aprender que APRENDER FACENDO. E dígovolo con convencemento porque os días previos un pensa, “quen me mandará a min”, “estou máis tola ca eles”, pero chega o día e todo sae mellor do previsto e un sabe que volverá a facelo todas as veces que faga falla.

UNHA VEZ MÁIS, E NON POR REPETIDA MENOS CERTA, GRAZAS AS FAMILIAS DOS APOLOS PORQUE DURANTE TODO ANO RESPONDERON AS NOSAS PETICIÓNS, COLABORAN EN TODO E SEMPRE RESPONDEN  AS NOSAS DEMANDAS. EDUCAR EN COMÚN E EN BOA SINTOMÍA DALLE SENTIDO A TODO,  GRAZAS!!!

Anuncios

E chegou a última das visitas a aula dos Apolos, nesta ocasión Zaira veu acompañada do seu pai para facernos unha divertida e deliciosa receita. Trouxéronnos unhas caras sorrintes para encher a nosa barriga e poñernos ben contentos.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ZAIRA E AO SEU PAI. FOI ESTUPENDO TERVOS AQUÍ


Xa sabedes que os Apolos andan tolos coas bolboretas. Fai unhas semanas Teo trouxo unha bolboreta a aula e serviunos para seguir dándolle voltas ao tema. Aquí tedes un vídeo resumo dalgunhas das cousas que levamos feito coa eiruga do buxo, a eiruga do fiuncho e os vermes de seda. Imos acabar sendo uns expertos!!!


Os Apolos están traballando con moito timo para poder abrir o restaurante mañán. De momento xa ultimaron detalles moi importantes coma o menú, mandaron as invitacións as familias, escolleron o vestiario, a composición das mesas… En fin, un non parar.
Estamos emocionados, nerviosos e desexando que chegue o día.
A VER QUE TAL SAE!!!


O prometido é débeda.

Aquí vos deixo un pequeno resumo de coma os Apolos escollemos as froitas e verduras para deseñar as personaxes.
Tiñan que ser froitas e verduras para seguir co tema de traballo deste ano e debían ter sentido dentro do conto, así co conto a nosa beira e, tendo en conta o material que xa fixeran os Choquetes, puxémonos mans a obra.
O maior problema era que había que facer as personaxes xusto no momento antes de grabar porque se deterioraban moito e ao día seguinte xa non valían. Aínda así, conseguimos facer as personaxes con froitas e verduras e facer a película sen moitos percances (aínda que algún houbo!!)
Aquí volo deixo.


Manu levaba un tempo convidándonos a súa casa. Quería que todos os Apolos foramos a facerlle unha visita así que falando con Lula, a súa educadora, decidimos organizar unha visita a Aldeas. Foi unha xornada estupenda a pesar do mal tempo. Fixemos unha chea de cousas e pasámolo moi ben.

MOITÍSIMAS GRAZAS A LULA, A JULIA, A LUCHI, A CAMILO… E A TODOS OS QUE FIXERON POSIBLE QUE VISITAMOS ALDEAS. DE SEGURO QUE VOLTAREMOS!


Unha semana máis volvemos ter visita na aula. Nesta ocasión foi David quen levou a maleta das receitas e trouxo a aula a súa nai e tamén a súa irmán Alba. Fixemos todos xuntos bombas de chocolate con galletas oreo e queixo de untar. Estaban deliciosas.

Comemos o día que as fixemos e ao día seguinte e tamén compartimos coa clase de Alba, despois de tela de cociñeira era o menos que podiamos facer.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ANGELES E A ALBA POR COMPARTIR UN ANACO DO SEU TEMPO CONNOSCO E POR UNHA RECEITA TAN FANTÁSTICA!!!



A %d blogueros les gusta esto: