Xa sabedes que un ano máis temos vermes e que fixemos un intento de criar bolboretas pero resultou un pouco frustado.
Pois agora si temos eirugas na aula. Temos que darlle as grazas a Marcelo de Faia Educación Medioambiental que me puso en contacto con Paula, unha rapaza de Tui que cria bolboretas. Paula explicoume como criar bolboretas e onde atopar as eirugas. Eu non as din atopado pero coma lle falara do noso interese ela atopou unhas e chamoume. O sábado fun recollelas e agora témolas na aula. Trátase da eiruga do fiuncho, unha eiruga preciosa que logo se converte nunha bolboreta amarela e negra grandísima.
Os Apolos quedaron entusiasmados.
Aquí podedes ver as primeiras impresións e, estou segura, que este é o inicio de grandes sorpresas que nos darán estas eirugas.

Anuncios