Lembrades o mail que mandaron os Apolos pedindo axuda para montar o restaurante?
Pois recibimos resposta. Unha resposta inesperada, fantástica e que nos fai sentirnos uns auténticos privilexiados.
Chamounos ao cole Lorena a administrativa da Escola de Hostelería de Vigo. Miraron o noso mail e encantoulleS o proxecto así que me dixo que nos axudarían en todo o que quixeranos, incluso podían vir ao cole, así que non puidemos rexeitar o ofrecemento e convidámolos a vir.
Coma xa resolveramos moitas dúbidas coa tía de Carla e Ainoa e estamos confeccionando o menú pedímoslles se nos podían axudar a elaborar un menú para ofrecer as familias.
Todo foron facilidades e iso que xa están rematando o curso, que para mover ao alumnado teñen que pedir un permiso a inspección de traballo e que as nosas instalacións están moi lonxe dunha cociña profesional.
Mandáronnos un mail cun posible menú para que lles desemos o visto bo e pareceunos fantástico así que despois de facer a compra preparamos todo para recibilos no cole.
Viñeron a directora da escola, a profe de cociña e dous alumnos, unha de cociña e un camareiro. Ademais, viñeron cargados coa mantelería para montar as mesas e todos os utensilios de cociña así coma os traxes.
Por se iso non fose suficiente agasallaron a cada neno cun mandilón chulísimo.
Fixeron 3 equipos, un para cada prato e cun agarimo incrible, moitísima delicadeza e dándolle todo o protagonismos aos Apolos puxéronse a cociñar.
Aínda que toda a comida fixérona a un tempo dividín o vídeo en elaboracións para que teñades unha visión de conxunto, pero, verdadeiramente era digno de estar alí véndoos super volvados e disfrutando ao 100%. Mirade se estaban entusiasmados que nin saimos ao recreo nin nada!!

Vou facer un par de entradas máis resumindo o día para que poidades ver todo por entregas e non cansarvos.
SEMPRE VOLO DIGO PERO VALE A PENA MOITÍSIMO!!
OS PROFESIONAIS ESTIVERON DE 10 E OS NOSOS APOLOS DE MATRÍCULA DE HONRA!!!

Anuncios