E chegou o día. Despois de traballar arreo durante todo o mes de abril e esperar a que a CRTVG publicara as curtas na súa web, por fin, puidemos facer a estrea. Tivemos unha chea de traballo previo: preparar o photo call, facer as entradas, preparar máis de 150 princesas para compartir entre os compañeiros de infantil e as familias… Pero todo pagou a pena.
Fixemos un primeiro pase pola mañá para os nosos compañeiros de infantil, despois de collerlles a entrada e repartir os flocos de millo, miramos a pelí e, ao finalizar, démoslles as princesas (xa vos contaremos noutro post de onde saiu a idea das princesas). Pasaron polo photo call e preparamos todo para o pase da tarde.
Xa pola tarde, así foron as cousas:

QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODOS POR VIR: PAIS, NAIS, IRMÁNS, AVÓS/AS… NON CONTABAMOS CON TER UNHA ACOLLIDA ASÍ. SODES UNHAS FAMILIAS FANTÁSTICA, AS MELLORES QUE SE PODEN TER!!!

Viñeches a ver a pelí con nos? Búscate no photo call!!!

Anuncios