Archivo mensual: agosto 2016

Antes de rematar o curso recibimos moitos e-mails cheos de fotos para os choquetes pero non nos deu tempo a ver todos porque xa quedaban poucos días. O último que comentamos foron as fotos de Kira pero en Setembro daremos paso a todos os que quedaron pendentes.

Kira fixo una exposición exemplar, contounos con moita soltura cada unha das fotos. Parecía xa unha chica maior. Parabén Kira!!! E graciñas familia por compartir con todos nós anaquiños das vosas vidas!


Foi unha actividade fantástica, estabamos moi nerviosos e desexando que chegara o día. Non gañamos o concurso pero iso a nós deunos o mesmo, mereceu a pena todo o traballo realizado e as actividades que preparamos ao redor da nosa peli. Foi marabilloso realizalas cos todos os nosos compis dos pequereboreda e coas nosas familias, todos pasámolo xenial e así o reflexamos no noso divertido “photocall”. Parabens peques por un traballo tan ben feito!!!

 

 


Todos os pequesreboreda visitaron o lugar onde viven algúns dos nosos compañeiros, é un lugar con encanto e con moitas cousas que ver. Estivemos visitando Aldeas Infantís.

Alí plantamos leitugas, escoitamos contos da man das educadoras da aldea, visitamos o galiñeiro, coñecemos a unhas mascotas moi especiais coas que facer terapia, merendamos e por culpa da choiva non poidemos xogar polos seus espazos ao aire libre, pero aínda así pasámolo… xenial!!!! Ahí vos deixamos unha pequena mostra deses bonitos momentos!


Antes de rematar o curso os choquetes prepararon con entusiasmo a portada dos seus traballiños do terceiro trimestre, foi un traballo delicado e minucioso e quedoulles ben fermoso. Mirade canto traballaron estes choquetiños!!!



A %d blogueros les gusta esto: