Este ano temos coma fío conductor “Eu teño un superpoder” así que este trimestre andan todas as aulas falando dos superheroes e das superheroínas. Os Apolos tamén imos traballar sobre eles pero, ademais, andamos  fedellando con robots.

Resulta que a finais do curso pasado a profe Amparo trouxonos a Zowi a aula e os Apolos quedaron alucinados, así que, non podía deixar de aproveitar toda esta motivación para comezar a traballar con eles. Non sabedes quen é Zowi? É un robot educativo que o ano pasado conseguiu o premio ao mellor xoguete educativo na rede podedes ver moita información sobre el pero para facer un resumo os espertos din que Zowi funciona porque:

  • Os nen@s poden interactuar con el, é coma unha especie de mascota pola que senten un vínculo.
  • É resistente (ata certo punto, se leva un golpe toda a maquinaria de dentro pode resentirse)
  • Pódese personalizar porque trae pegatinas para poñerlle gafas, bigote…
  • Podemos fedellar nas tripas porque a cabeza na levanta e iso sempre está xenial!
  • Pódese usar coma un coche con control remoto a través do móbil ou dunha tablet.
  • Podemos reprogramalo con Bitblog (non é moi sinxelo pero pódese facer)
  • Pódemos personalizalo ao noso xeito porque as carcasas imprímense cunha impresora 3Dzowi

Para iso pedin ao CEFORE de Vigo material de robótica que teñen en empréstito e teño na aula neste momento a Zowi, un ozobot

ozobot e unha Zum Box. zum-box Estes días xa vos vou ir dando conta do que estamos a facer.

Por outra banda, entrei na páxina de Escornabot e pedín o material para crear un escornabot na aula, a ver se somos capaces.

Direivos que non teño nin idea de robótica nin nada polo estilo pero coma eles están encantados aproveitaremos para aprender todos xuntos, de seguro que me ensinan unha chea de cousas.

Anuncios