Archivo mensual: octubre 2016

O curso xa deu comezo e o novo proxecto xa está en marcha. Os superheroes pouco a pouco irán collendo protagonismo nas aulas e corredores do cole. Os choquetes están superemocionados con este proxecto polo que estiveron moi liados facendo banderíns coas insignias de cada un deses homes e mulleres con superpoderes. A súa porta tamén pouco a pouco ira collendo forma e variando con motivos do proxecto, neste momento temos unha cidade na que se poden escoitar sons moi característicos e directamente relacionados cos comics e cos superheroes.

Mirade que chulo está quedando a clase e o corredor dos choquetes.

Anuncios

O outro día Mauro dixo na asemblea:
Profe, falamos moito de superheroes e pouco de robots!!
Nin que dicir ten que quedei coa boa aberta. Levamos dende que comezou o curso trebellando cos robots e agora ata estamos a construír un pero os Apolos queren máis.
Teño que confesar que pensara nos robots coma “un taller de robótica” ou “un recuncho de robótica”  e non coma un proxecto pero, os Apolos son os que mandan queren máis así que comezamos a semana falando de que son os robots e se tiñamos algún na casa e resulta que sí: temos a aspiradora de Alba que é un chico e chámase Romba, a termomix de Teo e algún máis.
Despois fomos a mesa para facer un robot de cartoliña. Puxemos imaxes na pantalla e na mesa tiñamos material pero ningunha indicación, salvo o proxectado e a intuición.
Confeso que, unha vez máis, sorprendéronme moitísimo e, aínda que os robots parecen moi sinxelos, todo o proceso de elaboración foi moi complexo así que non podo máis que darlles a noraboa!


A semana pasada chegou un paquete ao noso recuncho dos robots. Unha caixa pequena e branca con moitas pezas: motores, parafusos… Parece que hai un robot pero sen montar.

É moi raro, non parece un robot.
Ademais temos unhas instruccións e ferramentas así que, despois de investigar o material comezamos a construír.
Esta semana foi de proba pero xa veredes coma melloramos o proceso.

O vídeo está bastante movido, empezamos un par deles no recuncho pero acabaron alí case todos e non me deixaban sitio para gravar!!!


As veces un planifica unha actividade de recheo porque so ten a media clase, porque faltan moitos nen@s ou para completar outro traballo e resulta que esa actividade encántalles e queren máis.

Iso pasou a semana pasada, chegamos a clase e so estabamos 6, si só 6 así que decidimos que non iamos ir aos recunchos de traballo porque non había equipos. Os Apolos  querían pintar superheroes e para que fose unha actividade máis completa usamos a pantalla.

Buscamos na rede debuxos de superheroes e cada un escolleu o que quería pintar. Logo proxectámolos e repasámolos co lapis. Xa no sitio, volvemos repasalos co rotulador e logo pintámolos con pincel.

Tivo tanto éxito que ao día seguinte os que faltaran tamén quixeron e coma están tan entusiasmados imos ir pintando superheroes nas vindeiras semanas para ter un libro con todas as nosas obras.


Agora que xa somos maiores podemos recorrer os espazos do centro con máis liberade e maior autonomía. Un deses espazos para explorar, aprender e experimentar é a biblioteca.

Estivemos escollendo os libros para o PLAN DE LECTURA SILENCIOSA e, ademais, agora os venres levamos libro para ler en familia.


Coma xa temos a horta preparada para traballar estamos aproveitando estes días para plantar. Tendo en conta a época do ano na que estamos plantamos verzas e coliflor. A ver se hai sorte e dentro de nada temos unha boas verduras para comer.


Despois de visitar aos Exploradores, os Apolos chegaron a aula entusiasmados e con moitas ganas de falar. Aquí tedes o resumo da súa visita contada por eles mesmos.



A %d blogueros les gusta esto: