Coma sabedes temos robots en préstamo na aula e coma están tan entusiasmados conseguinos telos unha semana máis.
Creamos un recuncho de xogo para experimentar. A primeira semana manipularon todos os elementos e xogaron de xeito libre con zowi, ozobot ou coa zum box pero esta semana xa comezamos a xogar de xeito guiado.
A idea é que este recuncho se convirta no recuncho dos superheroes, un recuncho de investigación e onde superar retos pero para isto primeiro temos que manipular e entender coma funcionan os robots, así que, de momento, é un recuncho  onde investigamos xuntos e aprendemos a través da proba-erro.
Esta semana xogamos con ozobot.
Ozobot é un robot pequeno e intelixente, ideal para que xoguen os nen@s. Podese usar sobre unha plantilla na que, seguindo un código de cores, pode seguir camiños, podemos xogar con el baixando aplicacións no ipad e tamén podemos crear espazos de xogo para el.
Tedes máis información aquí.

Así que os Apolos que viñeron ao recuncho (é voluntario) estiveron xogando con ozobot no ipad e logo deseñaron camiños para facelo andar. Parece sinxelo pero tivemos que pensar e retificar porque, ás veces, non facía o que queriamos. E así, xogando, rindo e experimentando estamos aprendendo unha chea de cousas.

Anuncios