Vos sabiades que Spiderman ten poderes por que lle picou unha araña?

Os Apolos están convencidos de que moitos insectos teñen superpoderes porque poden recorrer grandes distancias, algúns teñen unhas picaduras enormes, outros fan casas debaixo da terra alucinantes… así que parecen superheroes. E nestas estabamos cando nos enteramos que os rapaces de 5º A tiñan un recuncho da ciencia cheo de insectos así que falamos coa profe Amparo para ver se podiamos ir velos.
Os rapaces de 5º traballaron arreo preparando a nosa visita e organizaron diferentes recunchos dentro da aula para que puidesemos ver todo o que levaban investigado.

Dividímonos en 4 equipos e fomos pasando por cada un dos recunchos que tiñan preparados:
– O MICROSCOPIO
– O RECUNCHO DE DOCUMENTACIÓN
– O RECUNCHO DOS INSECTOS
– O RECUNCHO DAS PLANTAS
– O RECUNCHO DAS TICS

Así descubrimos unha chea de cousas dos insectos e das plantas, aprendemos a ver polo microscopio e vimos todo o material que teñen no seu blog: www.experimentandocoaciencia.blogspot.com

FOI FANTÁSTICO E SO PODEMOS DARLLE AS GRAZAS AOS EXPLORADORES E A PROFE AMPARO POR TRATARNOS TAN BEN E ENSINARNOS TANTO.

Anuncios